Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes Mario Guede e representantes dos patrocinadores e colaboradores presentaron no salón de plenos do Concello a sétima edición do Circuíto de Carreiras Populares Correndo por Ourense. Unha cita co deporte que propón 6 carreiras cun total de 33,5 quilómetros en rutas polos diferentes barrios da cidade. O alcalde animou á cidadanía a participar nunha proba “que xa forma parte do acervo deportivo de Ourense”.

“Coido que aí reside o encanto tan especial desta proba: O Correndo é puro deporte e puro desfrute da cidade”, manifestou Jesús Vázquez, quen subliñou que é un evento “que apela a deportistas de todas as idades, que une a varias xeracións, e que ademais ten o acerto de converter por un día en centro da cidade a cada un dos seus diferentes barrios”.

O certame chega en 2017 á súa sétima edición, na que lle dá continuidade ao calendario de 2016, con 6 probas, todas en horario de mañá, a partir das 12,00 horas nas categorías de menores de idade e as 12,30 horas coa proba de adultos), agás a do Couto, que será nocturna (desde as 22,00 horas, con saída ás 22,30 horas na proba de adultos):

  • Domingo, 23 de abril: Carreira do Vinteún
  • Sábado, 27 de maio: Carreira do Couto, que será nocturna
  • Domingo, 25 de xuño: Carreira do Corpus, polo centro da cidade
  • Domingo, 3 de setembro: Carreira da zona universitaria
  • Domingo, 24 de setembro: Carreira da Ponte
  • Domingo, 22 de outubro: Carreira da Carballeira

Como novidade, a carreira do barrio da Ponte terá un marcado carácter medioambiental xa que, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, realizarase un programa de actividades para nenos e adultos destinadas a fomentar a reciclaxe, a recollida selectiva e o coidado da contorna natural.

Inscricións

As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com. O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir ao luns seguinte. A día de hoxe, a 17 días para o inicio o circuíto, xa hai 351 inscritos.

A inscrición no circuíto ten un custe de 7 euros (para as 6 carreiras) nas categorías junior, promesa, sénior e veteranos. Nas restantes categorías é gratuíta. Unha parte da inscrición irá destinada a un colectivo social.

Poden participar atletas federados e non federados. Haberá novamente as categorías pitufos (ano 2011 e posteriores), benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, sénior (1994 e anteriores), e veteranos, en 4 categorías; de 35 a 44 anos, ata 54, ata 64 e maiores de 65. A inscrición e dorsal son únicos para todo o circuíto.

Esta actividade está organizada polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensá de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.