Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As mellores ximnastas do momento estarán en Ourense esta fin de semana (5-6-7 de maio, no Pavillón dos Remedios) no Campionato de España de Ximnasia Rítmica en Idade Escolar. “Unha oportunidade de que os veciños poidan contemplar os novos valores deste deporte tan disciplinado”, aseguraba o concelleiro de Deportes, Mario Guede, na presentación, pero tamén de que coñezan unha cidade de alma deportiva e de vocación acolledora”.

Sobre a pista do Pavillón dos Remedios daranse cita 156 persoas entre deportistas, xuíces e técnicos, pero as gradas lucirán un colorido especial pola gran cantidade de xente que atrae este deporte, anunciaba o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez. Corda, aro, mazas, cinta e pelota serán as disciplinas nas que compitan, tanto en categoría individual como por federacións territoriais. “Estamos a falar das mellores ximnastas de todo o país”, dixo Estévez.

Pola súa banda, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, felicitou a todos os estamentos implicados na celebración deste Campionato, desde o Consello Superior de Deportes ata a Federación Galega, a quen felicitou por “favorecer a práctica da educación deportiva e física en idades tan temperás”, dixo, o que nos conduce “a unha sociedade sá”. Na mesma liña se pronunciou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial, quen puxo en valor a colaboración entre institucións públicas e privadas para que eventos coma este poidan celebrarse.

Malia que as participantes empezarán a chegar a Ourense mañá xoves -ocupando a meirande parte das prazas hoteleiras da cidade-, as competicións non comezará até o sábado ás 9:00 horas. Os horarios e a relación de participantes pódense atopar na páxina web da Federación Galega de Ximnasia.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.