Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Boletín Oficial da Provincia publica o 25 de maio a convocatoria de subvencións en materia deportiva do Consello Municipal de Deportes, de carácter anual e destinadas a eventos e manifestacións deportivas (liña 1: 80.000 euros) e para a actividade regular dos clubs deportivos da cidade de Ourense (liña 2: 600.000 euros).

 As bases, aprobadas no Consello Reitor do pasado 4 de maio, recollen importantes novidades achegadas por clubs e partidos políticos representados nesa institución, como que se valorará con máis puntuación aquelas entidades que acollan entre as súas filas deportistas con discapacidades, axudas para o aluguer de instalacións deportivas non municipais ou para adquisición de equipamentos non funxibles.

Prazos

Trala publicación, no BOP de hoxe, da convocatoria, e de acordo coas bases publicadas o 23 de maio, as solicitudes pódense presentar nas oficinas do Consello Municipal de Deportes, no Pavillón dos Remedios. No caso da primeira liña de actuación (Organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017), ata o día 31 de outubro.

No caso da segunda liña (Gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, para a tempada 2016-2017), , por un prazo der 30 días naturais desde hoxe.

A partida de axudas para este ano supera en 40.000 euros á do ano pasado, na que foron 77 os clubs beneficiados e 45 os eventos apoiados desde o Consello Municipal de Deportes en base ás dúas liñas de axudas. Este ano, ademais, existe a posibilidade de ampliar a liña de axudas no caso de existir crédito abondo, tal e como reflicten as bases da subvención.

Por outra banda, modificouse o sistema de xustificación e control financeiro das subvencións de xeito que as axudas se apliquen naquelas actividades para as que foron solicitadas.

Máis información

Pode consultar as bases no BOP de 23 de maio

Convocatoria no BOP do 25 de maio

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.