Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Unha inversión de 421.000 euros permite o reemplazo do pavimento sintético dos campos de fútbol de Oira e Os Remedios e a súa adecuación para a obtención da certificación FIFA Quality Pro. Os traballos están en marcha e prevese que rematen no mes de agosto. O alcalde, Jesús Vázquez, e os concelleiros Mario Guede e Carlos Campos visitaron esta instalación no campo de Oira. 

Actualmente o Consello Municipal de Deportes xestiona de xeito directo 23 instalacións deportivas na cidade, as cales todas elas teñen un elevado nivel de uso. Este é o caso dos campos de fútbol 11 de Oira e do Pavillón dos Remedios.

O uso ronda os 200 deportistas/día, e nas fins de semana se disputan un promedio de 7 partidos de ligas regulares de distintas categorías.

O pavimento sintético de Oira foi instalado no 2001, co que a día de hoxe atópase nun avanzado estado de avellentamento. Seu rendemento a nivel deportivo e de seguridade resulta moi baixo. Este aspecto xa o fixeron constar algúns colexiados en actas dalgún dos partidos disputados nesta instalación.

Respecto o pavimento sintético do campo de Fútbol 11 do Pavillón dos Remedios o número de deportistas que fan uso do mesmo é similar ó de Oira. Este campo foi instalado no ano 2.005 co que seu estado de desgaste atópase tamén moi avanzado.

Neste tipo de instalacións a súa vida útil oscila entre os 8 e os 10 anos independemente do nivel de uso, co que ámbolos dous campos xa a finalizaron este período desde hai tempo.

Extensión dos proxectos

As actuacións inclúen:

  • A desmontaxe e retirada do céspede existente, con maquinaria especial, separación da área, e do caucho para seu posterior reciclaxe, para o depósito en xestor de residuos autorizado.
  • Instalación dunha rede de rego con canóns de longo alcance.
  • Colocación dunha base elástica prefabricada de características necesarias para a obtención da certificación FIFA QUALITY PRO.
  • Colocación dunha nova manta de cespede sintético de 12.000 dtex e 45 mm de longo monofilamente, lastrado con área de sílice e caucho.

O importe final das obras, que se deriva da oferta presentada, é de 219.802,68€ nas obras de Oira e de 201.308.21€ en Os Remedios, procedente dunha modificación de crédito do remanente de tesourería do Consello Municipal de Deportes.

Nesta modificación, inclúese unha partida na mellora de eficiencia das luminarias destes campos e a adquisición dun vehículo.

Estímase a finalización das obras na primeira quincena de agosto, para darlle tempo os equipos usuarios a realización das pretemporadas.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.