A sétima edición desta proba disputarase entre o 7 e o 14 de outubro e constará de 5 etapas que atravesarán o Atlas e chegarán ás portas do Sahara en Mergouza. En total serán 430 kilómetros de aventura, esforzo, desafío e moita emoción. O Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense levará o nome da nosa cidade e da nosa provincia a esta proba de prestixio mundial, participando por primera vez con 4 membros que parten para Marrocos o martes día 3.
Francisco Gil, Juan Antonio Saínza, José Antonio González e José Manuel Blanco. Este último declaraba que o “adestramento na lama é moi importante para participar na area”, dixo, ao mesmo tempo que “os adestramentos son máis importantes que a proba, xa que o noso obxectivo é rematar”.
Todos eles participarán individualmente nas súas respectivas categorías de Máster 40 e 50, ademais de facelo tamén na categoría por equipos, que contabiliza o tempo dos 3 primeiros de cada equipo.
Desde o Concello e Deputación de Ourense, representados na presentación polo concelleiro de Deportes, Mario Guede, o alcalde, Jesús Vázques, e o deputado Bernardino González, destácase o feito de levar con orgullo o nome de Ourense por todo o mundo. Así, “non dubidamos en cooperar activamente en apoiar este tipo de iniciativas, que sempre son un valor engadido para a nosa cidade e a nosa provincia”, salientou o rexedor Ourense, Jesús Vazquez.