Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Consello Reitor do 21 de decembro de 2017 resolveu a concesión de bolsas a deportistas individuais convocada no BOP nº 194 do pasado 24 de agosto de 2017. Estas achegas supoñen un total de 25.000€, “o que deixa constancia da grande aposta do Consello Municipal de Deportes, e polo tanto do Concello de Ourense, polo deporte”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante o acto de entrega destas axudas, celebrado o 22 de decembro no Auditorio de Ourense coa presenza do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

Porén, o apoio do Consello Municipal de Deportes ao deporte local acada un total de 860.000 euros nas súas tres liñas. Ademais da do apoio a deportistas individuais, está o apoio a clubs deportivos (liña 2), cunha partida orzamentaria de 735.000 €. En total, foron 86 os clubs -con preto de 9.000 deportistas nas súas filas- que recibiron axudas municipais. Tamén está o apoio a eventos deportivos (liña 1), que este ano chegaron a 50 eventos deportivos con 100.000€, buscando sempre colocar a nosa cidade no ollo dos eventos deportivos a nivel provincial, autonómico e nacional.

Colaborar, motivar e animar

A liña 3 de axudas é para os deportistas de máis nivel da nosa cidade, co gallo de que continúen coa súa práctica deportiva e leven o nome de Ourense por todo o país, mesmo ao estranxeiro. Estas axudas abranguen a rapaces de menos de 18 anos (iniciación), e máis de 18 anos cunha traxectoria deportiva salientable (cualificación). “Estamos orgullosos de vós e esperamos que consigades, cando menos no 2.018, os éxitos da pasada tempada”, dixo Vázquez Abad.

“Resulta complicado xuntar, nunha mesma convocatoria, tantos deportes: desde salvamento ou natación, pasando polo hípica ou tiro olímpico, ou Jiu Jitsu e Wushu”, comentaba o edil Mario Guede. Nesta convocatoria houbo un total de 72 solicitudes das cales reciben bolsa 59 deportistas ao obter a puntuación suficiente ou estar por riba dos mínimos sinalados na convocatoria.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.