Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Máis de 1.100 corredoras e corredores de todas as idades súmanse á convocatoria realizada polo Consello Municipal de Deportes para despedir o ano correndo polas rúas de Ourense, na II San Silvestre Ourensá.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, serán en total 836 as persoas que participen na categoría absoluta que se desenvolverá o domingo, 31 de decembro nun circuíto de 5 km, desde as 16:45 horas. Tamén se inscribiron 272 menores de 16 anos, repartidos en 3 categorías: 119 Pitufos (que correrán 0.07 km ás 16:00h), 91 menores de 12 anos (1,5 km ás 16:10h) e 62 Sub 16 (que correrán 2,5 km desde as 16:25h)

A proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo - Delegación en Ourense, e participan tanto atletas federados como populares. A organización da proba dispuxo dun dorsal 0, de xeito que as persoas participantes tiveron a oportunidade de facer unha doazón destinada aos programas que desenvolve Cruz Vermella Ourense.

A proba fixa para a categoría absoluta unha ruta polas rúas peonís do Casco Vello e centro da cidade, co seguinte percorrido:

Xardín do Posío - Rúa Padre Feijoo - Rúa Colón - Praza Maior - Rúa Barreira - Rúa Burgas - Rúa Desengaño - Avenida de Pontevedra - Rúa Lamas Carvajal - Rúa do Paseo - Rúa Concordia - Rúa Santo Domingo - Praza do Ferro - Rúa dos Fornos - Rúa Unión - Praza do Trigo - Rúa Hernán Cortés - Rúa Prieto Nespereira - Rúa Lugo - Xardín do Posío.

A totalidade de participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.

Para categoría absoluta, haberá premios paras as tres mulleres e os tres homes que cheguen nos tres primeiras posicións.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.