Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A selección española de Rugby Sub-20 masculina, que estes días prepara o Campionato de Europa en Ourense, enfrontarase este domingo 25 -ás 11:00 horas no Campus de Ourense- a Portugal nun partido amigable que servirá para medir as forzas coas que ambos equipos chegan á cita europea. O 21 de febreiro presentouse o partido no salón de plenos do Concello de Ourense, un evento que pretende congregar a propios e alleos a este deporte, e que será de portas abertas nas instalacións do Campus de Ourense.

“Para Ourense é moi importante exercer de anfitrión para conxuntos deportivos de primeiro nivel”, salientaba na presentación o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, “porque significa que temos as condicións necesarias para facelo”. Non en van, lembraba, xa hai pechado un calendario deportivo cunha ducia de probas nacionais na cidade de Ourense.

A cidade de Ourense, que presume de 30 anos de amor por este deporte, tamén pode facelo dun equipo que xoga na Primeira División B, o Campus Ourense. Pero tamén cunha canteira feminina de primeira orde. É por iso que o delegado da selección sub-20, Sergio Gericó, manifestaba que “non estamos coma na casa, estamos en casa”.

A selección española está composta por 30 deportistas de equipos españois, galeses, italianos e franceses. Actualmente adestran nas instalacións deportivas de Monterrei e no Campus de Ourense coa vista posta na cita europea de Portugal. A selección anfitrioa é a actual campioa de Europa da categoría e unha boa proba para o conxunto español: “Na última final gañáronnos por moi pouco”, lembraba Sergio Gericó.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.