Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Deste xeito levarase a cabo a adaptación normativa en materia de accesibilidade e a unificación da fachada orientada á avenida Pardo Cela e á Ponte Romana. Tamén se acometerá a reforma dos ximnasios, do vestíbulo e dos espazos de comunicación, a dotación de novos vestiarios así como a adecuación dos existentes, a dotación de tres grandes salas polivalentes (actividades dirixidas, formación e lecer), e a reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salienta que grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, a cidade captou máis de 6,2 millóns de euros en investimentos, onde destaca a pista de atletismo, a remodelación dos campos de fútbol de Os Remedios e Oira, o anexo do Pavillón ou mesmo o próximo Skatepark cuxo proxecto xa está aprobado por parte do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. “A gran transformación de Ourense que propiciamos desde o Goberno Municipal no eido das infraestruturas deportivas é unha realidade que é imparable e seguirá avanzando con novos e máis ambiciosos proxectos”

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado polo concelleiro de Deportes, Mario Guede, mantiveron un encontro de traballo coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, no que trataron os diferentes proxectos deportivos comúns para a cidade. Entre eles, avanzaron na próxima remodelación integral do Complexo Polideportivo dos Remedios que contará cun orzamento de 2.050.000 euros.

Así, o Pavillón dos Remedios cumple este ano medio século cunha remodelación integral que contará cun investimento de máis de 2 millóns de euros. O Concello e a Xunta de Galicia acordaron asumir esta importante remodelación, que virá a complementar as actividades previstas e en fase de programación para conmemorar os 50 anos de historia desta importante infraestrutura deportiva de Ourense.

Este proxecto divídese en dúas fases, a redacción do proxecto básico e de execución (que contará cun orzamento de 50.000 euros) e a execución da obra de reforma segundo o recollido no proxecto (2.000.000 euros). Do total do orzamento, a Secretaría Xeral para o Deporte achegará 1.050.000 euros e o Concello de Ourense os restantes 1.000.000 euros.

Segundo a xuntanza que tivo lugar na sede da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela, o proxecto a acometer no Pavillón de Os Remedios será unha remodelación integral que actuará sobre diversos aspectos do complexo deportivo.

Deste xeito levarase a cabo a adaptación normativa en materia de accesibilidade e a unificación da fachada orientada á avenida Pardo Cela e á Ponte Romana. Tamén se acometerá a reforma dos ximnasios, do vestíbulo e dos espazos de comunicación, a dotación de novos vestiarios así como a adecuación dos existentes, a dotación de tres grandes salas polivalentes (actividades dirixidas, formación e lecer), e a reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero.

O Complexo Deportivo dos Remedios, inaugurado en 1969, é unha instalación municipal referente para a vida deportiva, social e cultural da cidade de Ourense. Conta cun amplo volume de utilización, cun rexistro de máis de 40.000 accesos mensuais dotado de múltiples servizos deportivos, dúas piscinas, un spa, dous pavillóns polideportivos cubertos, un campo de fútbol, un módulo de atletismo, un ximnasio, unha sala de musculación e pistas exteriores.

Debido ao deterioro lóxico que sufriron os seus espazos co paso do tempo e por tratarse dunha infraestrutura referente localizada na entrada principal da cidade, nunha zona emblemática entre a Ponte do Milenio e a Ponte Romana, cómpre renovar, adaptar e adecuar o edificio ás novas necesidades implementando esta remodelación estética e, sobre todo, funcional, nun 2019 no que esta instalación cumprirá 50 anos.

“A gran transformación da cidade no eido das infraestruturas deportivas”

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salienta que grazas á colaboración coa Xunta de Galicia, a cidade captou máis de 6,2 millóns de euros en investimentos, onde destaca a pista de atletismo, a remodelación dos campos de fútbol de Os Remedios e Oira, o anexo do Pavillón ou mesmo o próximo Skatepark cuxo proxecto xa está aprobado por parte do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. “A gran transformación de Ourense que propiciamos desde o Goberno Municipal no eido das infraestruturas deportivas é unha realidade que é imparable e seguirá avanzando con novos e máis ambiciosos proxectos”, sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O compromiso que o Concello de Ourense mantivo durante o último ano na procura da conservación e mellora das distintas infraestruturas deportivas municipais tradúcese nas seguintes actuacións:

Complexo deportivo de Os Remedios. Actuouse na reforma integral do Pavillón Anexo, con novas gradas, chan, iluminación e calefacción. Substituíuse o céspede artificial e instalouse un novo sistema de campo de fútbol 11. Tamén se fixeron reformas no peche das canchas exteriores do complexo. En total, o investimento foi de 486.300 €.

Complexo deportivo de Oira. Substitución do céspede artificial e instalación dun novo sistema de rego no campo de Fútbol 11. Acondicionamento dun espazo para traballar o quecemento e adestramento para porteiros. Acondicionamento e mellora das piscinas de Oira, e intervención en materia de acccesibilidade, instalando unha nova rampa de acceso para persoas con discapacidade. Para un total de 269.500 €.

Eficiencia enerxética. Neste eido, substituíronse as luminarias por outras máis eficientes en materia enerxética en varias instalacións, especialmente no Pavillón dos Remedios. Investíronse 40.000 €.

Campos te fútbol e Hoquei. En colaboración coa Deputación, actuouse sobre os campos de Fútbol de Palmés, Vilar e Seixalbo na reforma do terreo de xogo. No Campo de Santa Cruz, tamén con apoio da Deputación, instaláronse as novas gradas. E no campo de Velle de Hoquei de Mariñamansa, realizáronse actuacións de mantemento. En total, foron 187.050 € de investimento.

Canchas ao aire libre nos barrios. Reposición do peche de madeira na cancha de Fútbol 5 do Parque Barbaña e actuacións de reparación e mantemento no resto de parques da cidade. 15.550 €.

A estas obras, engádense as da pista de atletismo cuberta (máis de 3 millóns de euros), os 150.000 euros previstos para o novo Skatepark de Os Remedios e, os máis de 2 millóns desta remodelación estética e funcional do Pavillón de Os Remedios. Así, só estas obras supoñen máis de 6,2 millóns de investimentos en infraestruturas deportivas da cidade a instancias do Goberno Municipal de Ourense.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello. Acceda á Plataforma de Contratación do Estado, e seleccione a ficha "Documentos" para acceder a información sobre os contratos menores.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.