Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A carreira pedestre popular San Martiño 2018 bota a andar coa apertura do prazo de inscrición para aquelas persoas que desexen participar na próxima edición que terá lugar o día 18 de novembro. 

A emblemática proba ourensán chegará á súa edición número 42 no presente ano 2018, tomando a saída na súa categoría absoluta ás 11horas na Ponte do Milenio para percorrer unha ruta pola cidade de 10 quilómetros que rematará no Pavillón dos Remedios. A carreira, organizada polo Consello Municipal de Deportes, está no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

As persoas interesadas poden inscribirse desde hoxe ate o día 11 de novembro. O prezo será 5 euros para quen o faga antes do día 28 de outubro e 7 euros para quen o faga desde o día 29 de outubro ao 11 de novembro. As inscricións pódense realizar a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes Consello Municipal de Deportes de Ourense e na web 

Championchipnorte

O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é ata o 3 de novembro de 2018

Carreira inclusiva

Como principal novidade desta edición número 42 está a incorporación dunha carreira, a Carreira Inclusiva, cunha distancia de 1.400 metros, para nenos e nenas de categoría benxamín (que naceran nos anos 2012 e posteriores), e persoas con diversidade funcional, que poderán ser acompañadas doutra persoa responsable. As restantes probas serán nas categorías de persoas adultas, escolares (que naceran entre 2007 e 2002, percorrendo 4,7 km) e cativos/as (entre 2008 e 2011), que percorrerán 1,4 km)

A recollida de dorsais-chips e camisetas será o venres 16 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10h a 14h e de 16h a 20h no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo). Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. Non se entregarán dorsais o día da carreira.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.