Piscinas exteriores de Oira. Desde o sábado 8 de xuño, as piscinas exteriores de Oira contarán cun horario ininterrompido de 11:00 a 21:00 horas até o 15 de setembro, coa posibilidade de adiar unha semana esta data en función do tempo. O acceso a esta instalación é libre e gratuíto. Este réxime de apertura implica mobilizar máis de 10 traballadores todos os días de verán.
Para a posta a punto investíronse preto de 15.000 euros: Traballos de xardinería, traballos de pintado dos vasos xunto con restauración e acondicionamento de soleira existente.
Piscina exterior do Pavillón dos Remedios. A apertura da piscina exterior farase tamén este sábado 8 de xuño. Esta instalación dispón dun espazo de 900 metros cadrados para o lecer no corazón mesmo da cidade. O horario de apertura, igual que en Oira, será ininterrompido de 11:00 a 21 horas, pero permanecerá pechada os domingos dos meses de xullo e de agosto.