Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

“Que ningún neno da cidade quede sen facer deporte por motivos económicos”. Ese é o obxectivo que se marca o alcalde de Ourense logo de coñecer a través de diferentes equipos deportivos da cidade que un número cada vez maior de familias non lles poden facer fronte ás cotas necesarias para que nenos e nenas se formen como deportistas e tomen parte nas competicións. Esta situación fai que os equipos, coa fin de que ningún neno quede fóra, teñan que cubrir estes custes cos seus propios recursos.

Para facerlle fronte a esta situación, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou esta mañá que lle proporá ao Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que el mesmo preside, un incremente das achegas deportivas aos equipos ourensáns o próximo ano 2021.

Lembra o rexedor que “a formación deportiva das categorías inferiores desde hai unha década reside nos clubs deportivos, que acollen centos de nenas e nenos en distintas disciplinas. Estes pagan unha cota anual para cubrir os gastos de formación e participación en competición federadas, contando co apoio do Concello a través de subvencións”. “Esta situación que vivimos”, asegura, “agudiza o problema de que cada vez hai máis menores cuxas familias teñen problemas para pagar as cotas”.

O alcalde pon en valor o esforzo e a solidariedade dos equipos ante esta problemática: “é algo polo que hai que quitarse o chapeu. Non adoitan deixar ningún neno fóra, e se algunha familia non podía pagar, o club arrimaba o ombreiro, reducía os seus ingresos ou buscaba o diñeiro”, aínda que isto ocasionase unha considerable redución do seu potencial e recursos.

Ante esta situación, avanza o alcalde: “queremos darlles unha axuda extra aos clubs deportivos de categorías inferiores para paliar e amortecer os gastos desas familias que teñen problemas para pagar esa cota de formación e axudar os equipos a amortecer os seus gastos. O noso lema é que ningún neno pode quedar fóra por motivos económicos”, conclúe.

Concorrencia competitiva. O Concello reforzará así o apoio económico que xa lle presta aos equipos deportivos a cidade. A semana pasada, o Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aprobou a resolución da convocatoria de axudas aos equipos, que concede cada ano por concorrencia competitiva. Esta tempada darán apoio a un total de 76 entidades deportivas de 28 disciplinas diferentes. Serán en total 670.000 euros e daranlle apoio a clubs que suman 9.232 licenzas deportivas, o 70% de nenos e mozos menores de idade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.