Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O campo municipal de hóckey de Mariñamansa lucirá nova faciana. O Consello Municipal de Deportes (CMD) aprobou, na reunión do seu Consello Reitor, a contratación da "Execución da substitución de céspede e obras complementarias no campo de hóckey herba de Mariñamansa", unha intervención que contará cun orzamento de 473.226,70 euros e 3 meses de prazo de execución.

Esta decisión, incluída por vía de urxencia na orde do día, débese a que a superficie da instalación municipal superou a súa vida útil, e o desgaste do pavimento xera problemas de agarre para os deportistas de todas as idades. A maiores do risco para as persoas, o CMD valora o elevado custo dos continuos labores de mantemento. Polo tanto, instalarase un céspede artificial de última xeración que conta co certificado da FIH Global Category, o que permitiría a celebración de partidos internacionais.

O proxecto implica a instalación dun céspede monofilamento texturizado, a substitución das porterías, unha nova instalación de rego, proxectores led, bancos a pé de campo, sistema de videogravación e alarma en toda as instalacións. Ademais, reformarase a cuberta, xa que en períodos chuviosos filtra auga ao interior das instalacións, xunto coa protección dos lucernarios.

Gastos e subvencións. Na reunión do Consello Reitor do CMD aprobouse, ademais, unha relación de facturas de diferentes provedores por valor de 56.463,97 euros, así como a concesión de subvencións a tres clubs deportivos para o desenvolvemento de eventos: 860 euros ao Club Maese Riders Team, para a Costiña de Canedo 2020; 850 euros ao Club Deportivo Xadrez Ourense, para I Outono de Xadrez; e 500 euros ao Club Deportivo Aurum para a organización de IX Trofeo Aurum.

Auga termal. Noutra orde de asuntos, o CMD abriu hoxe as cinco ofertas presentadas para a execución do proxecto “Aproveitamento de auga termal provinte das Burgas nas instalacións interiores do Pavillón dos Remedios”.
Logo das obras de canalización da auga, que discorre xunto ao río Barbaña desde as Burgas que levan máis e máis quente a auga termal ao Pavillón dos Remedios, o CMD quere contratar este proxecto de eficiencia enerxética de forma que se aproveite máis a enerxía calorífica da auga termal, reducindo a pegada de carbono e os custos que derivan do consumo de combustibles fósiles.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.