Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aprobou na súa xuntanza de hoxe a concesión das bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas de Ourense que destacaran na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas na súa convocatoria do presente ano 2016. Son en total 62 deportistas empadroados en Ourense, de diferentes disciplinas deportivas. O importe das axudas é duns 25.000€ a cargo dos presupostos do Consello Municipal de Deportes.

Solicitantes

Para efectuar a concesión houbo que estudar 77 solicitudes, o que supón un 12% máis que o ano pasado. A concesión das axudas resulta dun proceso que comeza coa publicación das bases o pasado día 13 de xuño de 2016.

O Comité de avaliación valorou os seis mellores resultados acadados polos deportistas en competicións oficiais, da tempada 2.015 en 20 disciplinas deportivas, tan dispares como jiu jitsu, tiro olímpico, ximnasia, atletismo, kung fu, piragüismo ou hípica, entre outras.

As bolsas concédense segundo a idade dos solicitantes en torno a dúas categorías, de iniciación para os menores dos 18 anos e de cualificación para os maiores desta idade, que deben que acreditar unha traxectoria deportiva en varias tempadas.

Requisitos para optar ás axudas

Para optar as axudas, o deportista debe estar inscrito no Padrón municipal do Concello de Ourense, dispoñer de licenza en vigor por algunha Federación Deportiva Galega, con un ano, como mínimo, de antigüidade. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, se considera a licenza estatal. Non poderá estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva cualificada como grave ou moi grave.

No caso das Bolsas de cualificación, para optar a elas, o deportista debe presentar resultados avaliables en probas de nivel estatal ou superior e unha traxectoria deportiva mínima de 5 anos, sen contar o ano obxecto da presente convocatoria.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.