Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Consello Municipal de Deportes habilitou un espazo web [https://bit.ly/3czqvbK] para solicitar cita previa para as piscinas de Oira, cuxo aforo está reducido seguindo as indicacións das autoridades sanitarias: a Xunta de Galicia decreta que só poderá ocuparse o 50% do aforo. Ademais da cita previa para o control de aforo, e será preciso seguir respectando as medidas de seguridade, caso do emprego de máscaras, o uso de xel hidroalcólico ou a distancia social.

Cita previa. O mecanismo para acceder ás piscinas será sinxelo e se habilitará nestes días para seleccionar a data ou datas e a quenda elixida (polas mañás, de 11:00 a 15:30, ou polas tardes, de 16:30 a 21:00 horas). Para finalizar a reserva, debe aceptarse a normativa de uso pola COVID-19.

Poderá facerse para un máximo de dous adultos e tres nenos (menores de 14 anos) como norma xeral. Os posibles casos excepcionais, como familias numerosas que superen este número deberán contactar co Consello Municipal de Deportes.

Non se pode reservar días seguidos; o prazo de reserva é, como moito, para os catro días seguintes á data da reserva. A aplicación prevé bloquear temporalmente ás persoas que tendo reservada unha quenda, non acudan as mesmas.

As persoas que non teñan acceso a dispositivos móbiles poderán retirar un tícket nas instalacións do Pavillón dos Remedios no horario de atención ao público.

As persoas maiores de 70 anos terán acceso prioritario na quenda de mañá.

Acceso e medidas de seguridade. O recinto estará marcado por unhas frechas laranxas no chan que guiarán o acceso dos usuarios. Dentro do recinto débese usar máscara protectora, salvo no vaso. O xel hidroalcólico debe utilizarse previamente ao acceso á instalación e aos vestiarios. Dentro, haberá que manter distancia entre grupos, de 1,5 metros como mínimo.

Cada 30 minutos emitirase unha mensaxe pola megafonía para lembrar todas as medidas de seguridade, así coma o emprazamento dos diferentes servizos. Así mesmo, o servizo de vixilancia -tanto socorristas coma o persoal contratado para a ocasión- explicará aos usuarios todas as dúbidas que poidan xurdir durante os primeiros días, no relativo ás medidas de seguridade coma ao funcionamento do servizo de cita previa.

Limpeza. Efectuarase unha limpeza á maña, con valdeo de paredes, e outra ao mediodía, entre as 15:30 e as 16:30 horas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.