Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense quere reforzar o ensino das Matemáticas nos centros escolares da cidade a través doprograma Pensamento Lóxico–Matemático, unha ferramenta dirixida a profesores e alumnos “co obxectivo de que adquiran coñecementos básicos e previos para ir creando capacidades”, comentaba o alcalde, Jesús Vázquez.

Durante a presentación o edil abogou porque os alumnos "entendan os conceptos e poidan, a partir de aí, establecer relacións baseadas na lóxica, de forma esquemática e técnica”.

Actualmente hai 23 centros da cidade interesados no programa, que se desenvolveu en fase experimental ao longo deste curso, e que está dirixido para alumnado a partir de 1º de ESO.

“Para mellorar os resultados nas técnicas instrumentais básicas”, explicaba o técnico da Concellería Elías Domínguez, “empregaranse catro técnicas: a da lenda da fin do mundo, unha xincana matemática e un diccionario galego de matemáticas, baseadas no xogo, ademais de entrevistas cos profesores da cidade para que nos saiban dicir as necesidades específicas”.

O informe PISA

O informe PISA sobre a Educación sitúa Galicia no alto da táboa, e rexistra melloras en áreas como Matemáticas (494, cinco puntos máis en tres anos e agora en oitava posición). É dicir, ao mesmo nivel que a media de Occidente pero por riba de países coma Estados Unidos ou Luxemburgo e á altura de Francia, Portugal, Italia, Suecia ou o Reino Unido. Porén, o programa de Pensamento Lóxico – Matemático quere estimular o alumnado para que interiorice a importancia das técnicas de cálculo, combinacións e logaritmos en base a xogos sinxelos.

Non é o primeiro programa da Concellería de Educación dirixido ao profesorado (tamén están os cursos do programa SHE ou as actividades fóra do horario lectivo). “O que pretendemos é potenciar a atención, a reflexión e a cooperación entre iguais a través dunha linguaxe neutral, que é a do xogo”, explicaba a concelleira Belén Iglesias.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.