A Concellería de Educación do Concello de Ourense axudará á conciliación das familias ourensás durante as vacacións escolares de verán cun programa de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán en colexios, bibliotecas municipais e Aula de Natureza. O Concello oferta este ano 600 prazas para rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, que poderán participar en actividades de marcado carácter educativo, en diferentes zonas da cidade. Unhas actividades que “son unha prioridade” para a Concellería de Educación, asegura a edil Belén Iglesias, “xa que o noso principal obxectivo é o de prestar servizos que sexan realmente útiles á cidadanía sen cargar nas economías familiares”.
ACTIVIDADES DURANTE O MES DE XULLO EN CATRO CEIPS DA CIDADE: MESTRE VIDE, O COUTO, A PONTE E IRMÁNS VILLAR
Nº Prazas: 300
Dirixido a: Alumnado de Educación Primaria
Horario: de 8.30h a 14.30h
Contido: Monitores e monitoras especializados realizan múltiples actividades de carácter lúdico e educativo (obradoiros, xogos, deportes, inglés, saídas didácticas...)
ACTIVIDADES EN XULLO E AGOSTO: NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS: A PONTE, A CARBALLEIRA, SAN FRANCISCO E O COUTO
Nª Prazas : 200
Dirixido a: nenos e nenas de 4 a 10 anos
Horario: De 10.30 a 13.00h
Contido: Actividades de Animación á Lectura
ACTIVIDADES EN XULLO E AGOSTO: AULA DA NATUREZA DE OIRA
Nº Prazas: 100
Dirixido a: Alumnado de Educación Primaria
Horario: De 10.00 a 13.00h e polas tardes de luns a xoves de 16.30h a 19.00
Contido: Actividades relacionadas coa Natureza, saúde e medio ambiente
Inscricións. As inscricións para as actividades que se desenvolverán nos CEIPS e na Aula da Natureza poden realizarse nas dependencias da Concellería de Educación do 1 ao 15 de xuño en horario de 8.30 a 14.00h e terán un custo de 10€ para un fillo ou filla e 5€ para cada un dos irmáns.
As inscricións para asistir ás Bibliotecas Municipais faranse nas propias bibliotecas e serán gratuítas.