Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Educación vén de presentar a súa oferta de Actividades de Conciliación da vida laboral e familiar para este Nadal. Unha oferta que abrangue un segmento de idade comprendido entre os 4 e os 12 anos, e co que se traballará fundamentalmente es aspectos relacionados cos valores: “Educación ambiental, para falar da seca ou dos incendios, educación para a saúde, educación viaria, educación moral e para a paz...” serán os eixos fundamentais deste programa, dixo a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 No tocante ás bibliotecas, tentarase que os cativos coñezan os espazos públicos e se animen a coñecer o mundo da lectura a través dos contos e da imaxinación. “Todas as actividades realizaranse a través do xogo”, sinalaba a responsable destes espazos municipais, Isabel Rodríguez.

  • Bibliotecas Municipais
    • San Francisco, A Ponte, Carballeira.
    • Para cativos /as de 4 a 10 anos.
    • De 11 a 13 horas
    • Lugar de inscrición: nas propias Bibliotecas
  • Punto de lectura de O Couto
    • Para cativos / as de 4 a 10 anos.
    • De 10 a 13:30 horas.
    • Lugar de inscrición: Concellería de Educación
  • Aula da Natureza do Río Miño
    • Dirixido á cativada de 6 a 12 anos
    • De 10 a 13 horas e de 16:30 a 19 horas.
    • Lugar de inscrición: Concellería de Educación.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.