Porén, desde o 19 de xaneiro estanse desprazando aos centros de ensino monitores especializados con todo o material necesario para a confección dos mecos de compadres e comadres en sesións de 90 minutos. Este mesmo luns ás 11:00 horas, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, asistirá a un dos obradoiros de Entroido no CEIP Irmáns Villar. Ademais dos obradoiros de Mecos, os escolares da cidade tamén coñecerán os diferentes tipos de Entroido tradicionais da cidade (nas Eiroás, en Seixalbo e na Ponte).
Festa con animación na Praza Maior
Cos mecos confeccionados, o xoves 1 será a quenda de que as nenas saquen os compadres para seren perseguidos polos nenos; o xoves 8, pola contra, serán as nenas as que persigan os nenos para tentar arrebatarlles as súas comadres. Ademais, os escolares participantes gozarán das actividades de animación na praza Maior.