Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades formativas Universidade Popular. Son en total 140 cursos e obradoiros, dirixidos a persoas maiores de 16 anos, cun total de 3.989 prazas dispoñibles. A oferta dá continuidade a actividades que ano tras ano teñen unha grande acollida entre o público e incorpora un total de 44 novos cursos e obradoiros. Trece das actividades impartiranse na modalidade online e as 127 restantes de forma presencial.

As persos interesadas poderán preinscribirse desde o día 1 ao 31 de outubro, a través da páxina Web da Concellería de Educación cubrindo un formulario que estará dispoñible na web desde o día 1. Se teñen algunha dificultade para realizar o trámite poderán acudir á Concellería de Educación (Praza de San Martiño 2, 1º), de 9 a 14h. Un dos criterios de admisión será a orde de entrega da solicitude.

A programación estrutúrase en 6 bloques de contidos: Idiomas, Novas tecnoloxías, Corpo, saúde e calidade de vida, Cultura, coñecemento, tempo libre e afeccións, Intervención social e formación para o emprego e Obradoiros de artesanía.

Entre as novidades do curso 2020, pódense destacar: Taller de seguridade en dispositivos móbiles, Prestashop, Ballet, Pole Dance, Cociña saudable, Postres saudables, Marketing e ventas, Deseño de moda, Accesibilidade, Hixiene xeral nas industrias alimentarias, Tecnicas de comunicacion en hostalería, Os xogos de mesa como ferramenta educativa, ¿Cómo se crea unha serie de TV?, Videoblogs en Youtube, Descubre a historia de Ourense a través de artistas e escritores, Escritura creativa, Control de pragas, enfermidades e fisiopatías das plantas e Artes decorativas.

Na modalidade online son novidades os cursos de Monitor especialista en integración de persoas con discapacidade en actividades de ocio e tempo libre, Monitor/dinamizador de actividades extraescolares, Prevencion e deteccion do acoso e violencia escolar e Sistemas de análise de perigos e puntos de control crítico e practicas de hixiene na industria alimentaria

Ademais, debido á demanda detectada o curso anterior, ofértase un curso máis de Ioga, un nivel avanzado de Portugués, un nivel avanzado de Bailes Latinos, e un curso máis de Artesanía en Coiro

O programa formativo que desenvolve a Concellería de Educación chega este ano ao seu 25 aniversario, rexistrando un constante incremento no número de persoas participantes. Dos 424 alumnos que participaron no curso inicial, en 1995, pasou a máis de 3.000 no ano 2019.

 

DOCUMENTACIÓN

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.