Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense abre desde o mércores 6, até o venres 15 de maio, o prazo de preinscrición para o curso 2020/2021 da Escola Municipal de Idiomas. As persoas interesadas poden facelo a través da páxina web da Concellería de Educación.

A escola oferta cursos de inglés para persoas de todas as idades, cuxa duración coincide co curso escolar. Para a rapazada hai grupos específicos para cada un dos cursos de Educación Primaria (1º a 6º), con clases de 50 minutos dúas tardes á semana. Para as persoas adultas, ofértase o ensino en 3 niveis: iniciación, elemental e pre-intermedio, con clases de 110 minutos unha tarde á semana.

As taxas que se aplican son 19,80 euros pola matrícula e 59,60 como cota trimestral. Desde o 18 ao 29 de maio, o alumnado poderá entregar a documentación requirida: unha copia da solicitude xerada na preinscrición en liña, por correo electrónico ou a través da SEDE electrónica do Concello.

Para participar nos cursos é necesario que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Ourense. Como criterios para a selección do alumnado teranse en conta os criterios de renda da unidade familiar, a condición de familia numerosa, a existencia no seu caso de discapacidades, a asistencia de irmáns ou irmás á escola e, no caso de empates, a data de presentación de solicitudes.

Toda a información sobre os cursos, os horarios dos grupos e a normativa da escola está dispoñible na páxina web da Concellería de Educación.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.