Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Educación abre este luns o prazo para anotarse no Concilia Verán 2020, que desenvolverá un programa de actividades durante os meses de xullo e de agosto para os nacidos desde 2008 até 2014 -de 6º de Educación Infantil até 6º de Primaria-. A inscrición e a matriculación realizarase de forma telemática a partir deste luns, 15 de xuño, ás 9:00 horas, e até o domingo 21 ás 24:00 horas a través da web www.educacionourense.com. Unha vez admitidos o prazo para formalizar a matrícula será do 23 ao 26 de xuño.

As actividades do programa estarán orientadas á consecución de hábitos de vida saudables, actitudes solidarias e de convivencia, a promover a igualdade de xénero e o respecto ao medio ambiente, e ademais de actividades lúdicas haberá reforzo educativo de matemáticas, lingua e idiomas. As persoas con necesidades educativas especiais (NEE) recibirán atención personalizada.

Nos centros escolares, en horario de 8:30 a 14.30 horas, as actividades estarán dirixidas a escolares de 5 a 12 anos (6º de Educación Infantil, rematado este ano, até 6º de Educación Primaria). Na Aula da Natureza do río Miño, en Oira, traballarase de 8:30 a 13:30 horas, e só se admitirá alumnado de Primaria.

Terán preferencia os rapaces/as de pais e nais que estean en activo, e aqueles que estean empadroados no Concello de Ourense. As familias deberán seleccionar o colexio máis próximo ao seu domicilio e deberán seguir os protocolos da COVID19.

13 centros educativos. Ademais de na Aula da Natureza do río Miño, en Oira, o programa do Concilia Verán desenvolverase nos seguintes CEIPs: O Couto, Manuel Luís Acuña, Vistahermosa, Irmáns Villar, Amadeo Rodríguez Barroso, Inmaculada, As Mercedes, Mariñamansa, Seixalbo, Albino Núñez, Prácticas, A Ponte e Covadonga-Eiroás.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.