Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

As bibliotecas municipais dos barrios da Ponte, A Carballeira e San Francisco acollerán durante os meses de agosto e setembro sesións de contacontos, dirixidos á cativada, organizados dentro do programa “Ler conta moito” que desenvolve a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello. As inscricións pódense realizar chamando por teléfono ás propias bibliotecas: San Francisco (988 230 124), A Ponte (988 605 751) e A Carballeira (988 253 893).

A actividade pretende proporcionarlle unha oferta de lecer á rapazada dos barrios da cidade, e achegala aos contos, á lectura en xeral e particularmente ás bibliotecas do Concello, que poñen á súa disposición unha chea de títulos ao longo de todo o ano.

A actividade realizarase no mes de agosto con sesións nas bibliotecas de:

  • A Carballeira, o venres, 7, co conto “O libro vivo” e o luns, 31 con “O mago Albert ten moito conto”, ás 11.30 h
  • A Ponte, o martes, 11 co conto: “Isto non é unha caixa”, e o martes, 18, con “Carabranca”, nos dous casos de 11:30 h,
  • San Francisco o martes, 25, con “A festa dos monicreques”, ás 11:30 h.

No mes setembro serán as dúas últimas actuacións, tamén ás 11:30 h:

  • A Ponte, o martes, 1 “Os soños na gaiola”,
  • San Francisco, o xoves, 3 “Naturizo e o espírito do bosque”,

O número de prazas está limitado para garantir a distancia de seguridade. Será obrigatorio usar a máscara durante toda a sesión e desinfectar as mans co xel á entrada da Biblioteca.

As bibliotecas xa reanudaron os seus servizos, con capacidade limitada, e abren ao público de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, adoptando as medidas de prevención determinadas pola Xunta de Galicia (segundo acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño) para seguir controlando a pandemia. Estas limitan a capacidade das salas para garantir a distancia de seguridade, só se poden usar os postos con cadeiras e non está permitido movelas. Hai que usar máscara e tamén xel ao entrar á biblioteca e antes de tocar os libros.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.