Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon a disposición da comunidade educativa a súa programación de actividades formativas para o novo curso 2020/2021. Nela mantén os programas que desenvolve cada ano, e incorpora novas propostas, adaptadas ás novas condicións sanitarias para garantir a saúde de todas as persoas participantes.

Desde o luns, 26 de outubro, o profesorado poderá acceder á esta oferta educativa a través da páxina webConcellería de Educación  e facer as inscricións nas actividades. O prazo estará aberto até o 26 de novembro ás 14.00h.

A necesidade de adaptar a programación ás novas medidas de seguridade cambia moitos dos espazos e contidos habituais e xorden novas propostas como é o caso do programa educativo “Educación artística na escola” que ofertará como novidade no apartado de música obradoiros de iniciación á guitarra para alumnado de 2º de ESO e tamén de eco-percusión para 6º de Primaria. Ese programa, no apartado de debuxo e pintura, ofrecerá a posibilidade de que os nenos e as nenas de 2º e 4º curso de Primaria aprendan a ilustrar historias da man dunha profesional.

O programa educativo “Educación en saúde e medio ambiente” ten como fin primario tentar equilibrar a saúde humana coa saúde do planeta. As propostas novas deste curso son:

“Saúde e protección escolar COVID-19” dirixida a Educación Primaria e 1º e 2º ESO. O seu obxectivo é informar os alumnos e as alumnas da situación sanitaria presente e reducir a incidencia da enfermidade proporcionando as medidas de hixiene e prevención no ámbito escolar

“Autocoidado e salutoxénese para docentes” pretende facilitar ferramentas para coidarnos e poder acompañar ao alumnado en boas condicións e manter a nosa propia saúde entendida non só desde a perspectiva física, senón tamén como a habilidade para adaptarnos aos desafíos físicos, mentais e sociais.

No programa educativo “Animación á Lectura“ destaca como novidade “O camiño da lingua”, actividade con probas lingüísticas, preguntas culturais e xogos, co obxectivo de fomentar a difusión da nosa lingua e cultura.

No programa “Coñece a túa cidade” salienta unha nova actividade “O xogo do Chifro”, un percorrido pola historia, tradicións e persoeiros destacados da nosa cidade.

“Sapiens, recarga a túa educación” é unha proposta didáctica a través da que se pretende aprenderlles bos modais e normas básicas de educación e conduta social aos cativos de 4º de Primaria, dentro do Programa Educación en Valores.

Todas estas actividades levaranse a cabo en liña ou en formato presencial nos propios centros de ensino e cada sesión vai dirixida a un só grupo estable ou burbulla cumprindo en todo momento co protocolo COVID-19.

Ademais desta proposta educativa inicial, o Concello irá ofertando novas actividades enmarcades nos distintos programas educativos e sempre adaptadas á situación sanitaria existente en cada momento.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.