Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O concelleiro de Educación, Armando Ojea Bouzo, desprazouse esta mañá ao CEIP Manuel Luís Acuña para entregarlle a Yeremi Javier Pintos Da Silva, alumno dese mesmo centro, o premio do Certame de Debuxo da Postal de Nadal 2020 que convoca a Concellería de Educación do Concello de Ourense.

Logo de examinar as 169 propostas presentadas polos distintos centros escolares da cidade, o xurado decidiu por unanimidade premiar a de Yeremi Javier Pintos por ser un traballo orixinal, de composición equilibrada, por manter a harmonía utilizando diferentes materiais e técnicas.

Levará un premio individual -un lote de libros valorado en 100 euros- e a impresión do debuxo na postal de Nadal coa que o Concello de Ourense felicitará as festas. Ademais, a súa aula gaña de un lote de material didáctico valorado en 200 euros.

Debido á alta calidade dos traballos presentados por algúns centros escolares, o xurado recoñeceu cun accesit o traballo de Triana Bobadilla Pérez, de 1º de Educación Primaria do CPR La Purísima. O agasallo consistirá nun lote de libros para a aula e para a nena.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.