Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Con motivo do Día da Arbore, que se celebra mundialmente este domingo 21, a Aula da Natureza do Río Miño da Concellería de Educación repartirá máis de 1.000 árbores entre 11 centros educativos da cidade [O Couto, A Ponte, Mariñamansa, Mestre Vide, Amedeo Barroso, Irmáns Villar, Covadonga, Vistahermosa, Curros Enríquez, As Mercedes, e Franciscanas] e entre organizacións ecoloxistas [Amigos das Árbores Ourense, Asociación de Monte de Lucenza de Cualedro, Ecovixilantes].

A intención desta campaña é a de concienciar a mocidade de que as árbores son esenciais para a vida e a de lembrar a importancia de protexer as zonas boscosas: “As árbores, entre moitos outros beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundación e evitan a erosión”, afirman os seus responsables.

A Aula da Natureza comezou con esta campaña en Nadal, coa recollida solidaria de alimentos e xoguetes en colaboración con Protección Civil: cada persoa que trouxese material, levou unha árbore.

Un bidueiro. A especie elixida para esta ocasión é o bidueiro, unha árbore que tolera os chans pobres e queimados polos incendios. Son árbores que medran altas e esveltas, e rapidamente. Na nosa comunidade pódense atopar formando bidueirais ou coma unha das especies das fragas.

Son árbores moi frugais: acostuman colonizar terreos degradados, queimados, incluso os noiros de autoestradas. No sur de Galicia aparecen coma especie de ribeira, brañas ou lameiros. Ademais de relacionarse con infinidade de especies, serven de alimento a un grande número de lepidópteros (bolboretas).

Para os celtas era unha especie cun significado máxico: a árbore do comezo, símbolo da renovación, xa que é unha das primeiras árbores que bota follas novas na primavera.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.