Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O concelleiro Armando Ojea asistiu esta mañá no CEIP Mestre Vide ao inicio do curso Dobraxe na Escola, unha actividade enmarcada no programa de Animación á lectura da área de Educación. Participan nesta actividade 224 nenos e nenas de 6º curso de Educación Primaria (11-12 anos) de 5 centros de ensino público e concertado da cidade.

A técnica da dobraxe en xeral, e concretamente nas películas de animación, é unha ferramenta que, ademais de ser capaz de captar a atención dos nenos e nenas, incide sobre aspectos básicos da comunicación oral: cadencia, ritmo, intención... Coa axuda de dous actores de dobraxe profesionais, Suso Pando e Manuel Pombal, na aula traballaranse tamén aspectos coma a concentración, a empatía e o traballo en equipo. Pero a intención desta actividade tamén quere ser motivadora, para que os participantes se divirtan na nosa lingua.

Para iso, os monitores fan un xogo dramático no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe da mesma. Acto seguido, ensaian entre todos un fragmento da película, aprendendo a encaixar as propias voces nas bocas dos personaxes. Coa dobraxe programada, os actores de dobraxe len o guión, ensaian, axustan e... a gravar!

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.