Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A II Lanzadeira de Emprego de Ourense comezou a funcionar en decembro para axudar a unha vintena de persoas desempregadas a adestrar unha nova procura de traballo, acorde ao mercado actual. Tras cinco meses de intensa actividade e adestramento laboral baixo unha cultura colaborativa, o equipo organizou unha xornada de clausura e broche final.

O evento, celebrado no centro de coñecemento La Molinera, comezou coa intervención dos participantes que quedan actualmente na Lanzadeira, que relataron como as actividades que levaron a cabo na lanzadeira -talleres de intelixencia emocional, sesións de coaching, actividades de adecuación de currículo, simulacións de entrevistas e orientación laboral; encontros con especialistas ou visitas a empresas, entre outras, lles serviron para cambiar de actitude na procura laboral, reforzar as súas competencias e mellorar a súa empregabilidade.

De seguido, Guillermo Álvarez de Neyra, director do Máster 'Paulo Fabio' en Dirección de Recursos Humanos, impartiu o relatorio Fai as paces cos números. Pola súa banda, Mar Castro, experta en Marca Persoal e Protocolo, falou sobre NETtiqueta: conexións persoais na Rede.

  • Bos resultados. A coordinadora técnica da II Lanzadeira de Ourense, Lida Enrich, foi a encargada de presentar os resultados do programa. Desta maneira, explicou que 23 persoas desempregadas participaron nesta segunda edición, dos cales 14 atoparon traballo por conta allea en diferentes sectores, como industria alimentaria, márketing dixital, hostalería, arquitectura, banca ou construción, entre outros.
  • Valoración positiva. “A cifra aínda pode aumentar porque hai tres participantes con ofertas en firme para os meses de maio e de xuño, e outras dúas pendentes de resultados de procesos de selección. Grazas ao traballo individual de cada un e ao esforzo colectivo e grupal, alcanzamos cifras positivas. Máis aló, hai que destacar especialmente a evolución que experimentaron na lanzadeira. Mesmo aqueles que aínda non atoparon traballo valoran positivamente a súa participación porque agora teñen máis confianza, máis seguridade e máis ferramentas para lograr os seus obxectivos profesionais”, especificou Lidia Enrich.
  • Inserción laboral. Tendo en conta que a porcentaxe de inserción laboral dos participantes pode alcanzar o 80% durante este mes, o concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Jorge Pumar, sinala que "estes resultados e balance tan positivo é o mellor exemplo para demostrar que as lanzadeiras non son só un proxecto innovador e ilusionante, senón retador e eficaz na loita contra o desemprego en Ourense".

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.