A Aula CeMIT abre o prazo, este martes 11 de setembro, para anotarse nos sete cursos gratuítos de alfabetización dixital. Artellados en tres grandes bloques (Súbete ás novas tecnoloxías, Fabricación dixital e Emprendedores), ofértanse sete cursos diferentes que van desde a iniciación ao corte láser grazas ao emprego de impresoras 3D. Anotarse é gratuíto, e pódese facer a través das webs www.lamolinera.net ou cemit.xunta.gal/centro/55.
Súbete ás novas tecnoloxías
• Iniciación á informática (16 horas).
Do 17 ao 26 de setembro de 9:30 a 11:30 horas
• Crea os teus documentos: Procesador de textos Writer (10 horas).
27 de setembro, 2, 4, 9 e 11 de outubro de 9:30 a 11:30 horas.
• Aprende a manexar o teu móbil Android II (10 horas).
16, 18, 23, 25 e 30 de outubro, de 9:30 a 11:30 horas.
Fabricación dixital
• Fabricación de impresoras 3D XL – 1m3 (25 horas).
13, 15, 20, 22, 27, 29 de novembro e 4, 11, 13, 18 de decembro, de 17:00 a 19:30 horas.
• Manexo de impresoras 3D (10 horas).
14, 16, 19, 21 e 23 de novembro de 9:30 a 11:30 horas.
• Corte láser (8 horas).
26, 28, 30 de novembro e 3 de decembro, de 9:30 a 11:30 horas.
Emprendedores
• Creacións de blogs con Wordpress (20 horas).
• 5, 7, 10, 12, 14, 17, 19, 20, 21 de decembro, de 9:30 a 11:30 horas.
Máis información, en www.lamolinera.net ou no teléfono 988.374.523