Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Até un total de 180 menores de 30 anos poderán inscribirse no Programa Ourense Activa, unha iniciativa de emprego do Concello cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que ofrece aos seus beneficiarios formación especializada e itinerarios personalizados para obter un Certificado de Profesionalidade e desembarcar en sectores de futuro do mercado laboral ourensán.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, presentaron este programa que forma parte das accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (axudas AP-POEJ) destinada á integración sostible de persoas novas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Jesús Vázquez resaltou que “é un proxecto moi ambicioso, tal e colmo reflicte o seu orzamento total de 1.195.740 euros, dos cales o 92% corresponden ao Fondo Social Europeo e o 8% ao Concello”.

“Esta é unha oportunidade única para que a nosa mocidade entre no mercado laboral pola porta grande”, dixo Vázquez Abad, “con formación específica que lles permitirá traballar en sectores de calidade e con demanda na nosa cidade”. O rexedor salientou que a través desta proposta garántese “un certificado de profesionalidade que lles permitirá aos alumnos integrarse en novos sectores estratéxicos ou poder continuar cos seus estudos a través desta certificación”.

O programa estrutúrase en torno a cinco ámbitos relacionados con sectores clasificados pola Estratexia Española de Activación para o Emprego como actividades que resistiron a crise e que amosan boas perspectivas de futuro. Pero tamén “pola súa especial vinculación co noso tecido económico”, confirmou o rexedor.

“Os alumnos farán itinerarios personalizados, con prácticas laborais; formación transversal en igualdade, idiomas e novas tecnoloxías; e terán a posibilidade de percibir axudas económicas de até 300 euros mensuais”, explicou o alcalde.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, coincidiu en que “Ourense Activa é un proxecto moi ambicioso porque ofrecemos formación, certificado de profesionalidade, e unha bolsa mensual para os menores de 30 anos”. “Son un sector prioritario para o Concello á hora de poñer en marcha iniciativas que permitan a súa inclusión no mercado laboral”.

As actividades formativas

As cinco actividades formativas son:

  • Xestión do pequeno Comercio (530 horas)
  • Promoción Turística Local e Información ao visitante (690 horas)
  • Transformación dixital da empresa (590)
  • Desenvolvemento de produtos Multimedia interactivos (540)
  • Atención Socio sanitaria (450 horas)

Requisitos

As persoas interesadas deberán estar inscritas como desempregadas no Servizo Público de Emprego de Galicia; estar dadas de alta no sistema de Garantía Xuvenil; ser menores de 30 anos e non estar realizando estudos oficiais nin traballando.

Ademais, como os cursos ofertados, contan con certificado de profesionalidade de niveis 2 ou 3, os solicitantes deberán acreditar a formación necesaria para acceder. Isto implica, cando menos o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente, para os de nivel 2; e Bacharelato ou equivalente, para os de Nivel 3.

O prazo de inscrición iniciase desde hoxe 11 de febreiro, e as persoas interesadas deberán dirixirse ao Centro de Iniciativas Empresariais. Está previsto que a formación comece despois do Entroido, a partir do día sete de marzo.

 

Enlace ao Facebook do Concello de Ourense para ver o vídeo informativo sobre o proxecto "Ourense Activa"

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.