Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

La Molinera propón novas actividades infantís e interxeneracionais para difundir as novas tecnoloxías na cidade, con máis de 200 prazas gratuítas.

Este venres 22 de febreiro abre a inscrición en obradoiros de impresión 3D, presentacións dixitais, robótica, tecidos electrónicos e programación para a cativada.
“Na planificación das actividades do centro é clave a formación dos cativos, con actividades extraescolares que os acheguen ás novas tecnoloxías de forma que atopen nelas vías para fomentar a súa capacidade e as súas habilidades”, apunta Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica.
Tamén haberá obradoiros dirixidos a público de todas as idades sobre litofanía, cargador para móbil reciclado, fabricación de próteses e férulas ou veleiro radio control.

Ourense, 21 de febreiro de 2019

Cinco novos obradoiros achegarán a cativada ás novas tecnoloxías no centro municipal La Molinera. Nenos e nenas de ate 16 anos terán a oportunidade de desenvolver as súa creatividade e de profundizar en técnicas coma as presentacións dixitais, a impresión 3D, a robótica, os tecidos electrónicos e a programación. O Concello abrirá este venres día 22, ás 12.00 horas, o prazo de inscrición en todas estas actividades. Ofértanse un total de 205 prazas: 130 para as propostas interxeneracionais e 75 para público infantil. A programación deste trimestre do centro municipal aposta tamén polas actividades interxeneracionais, que reunirán persoas adultas e cativas noutras 5 propostas, na que quen participe aprenderá a facer litofanías, férulas, veleiros radio control e aínda cargadores para móbiles con materiais reciclados.

“Na planificación de actividades de La Molinera consideramos clave a formación dos cativos, que son o futuro da cidade, desenvolvendo actividades de carácter extraescolar que os acheguen ás novas tecnoloxías de forma que atopen nelas vías para fomentar a súa capacidade e as súas habilidades, así como para que as integren no seu desenvolvemento e no seu crecemento”, di Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica.

As actividades infantís, englobadas co título “Obradoiros steam makers”, serán sempre en horario de tarde, de 18 a 19.30 horas:

- Obradoiro artístico dixital. Deseña, crea, expón o teu mundo dixital con Photoshop: desde o luns 11 de marzo ata 13 de maio, para rapazada de 10 a 16 anos.

- Impresión 3D ao alcance de todos. Deseña, crea, imprime os teus propios deseños. Os martes, desde o 12 de marzo ata o 23 de abril, para rapazada de 11 a 16 anos.

- Robótica: o coche autónomo nas túas mans. Crea o teu robot segueliñas. Os mércores, desde o 6 de marzo ate o 15 de maio (0 a 16 anos).

- E-téxtil: tecidos electrónicos, roupa intelixente (12 a 16 anos), os xoves, desde o 6 de marzo ate o 15 de maio.

- Programación: laboratorio de inventos con Microbit, (11 a 16 anos) os venres, desde o 8 de marzo.

Cada actividade ten 15 prazas. As inscricións poderanse realizar nas páxinas web de La Molinera e da Aula CeMIT; www.lamolinera.net e www.cemit.xunta.gal/centro/55. Colaboran nestas actividades Abanca, Fundación Aquae, Vuaqua e Fundación Telefónica.

As actividades interxeneracionais agrupan 5 propostas para a co-creación en familia ou en grupos abertos a participantes de todas as idades, desde os 11 anos. Serán de 18 a 20h. Nestas actividades colaboran aBanca e Amtega.

CARTEL_FAB_LAB_LA_MOLINERA-001.jpg

 

- Creación de litofanías: Deseña, fabrica a partir- Creación de litofanías: Deseña, fabrica a partir de fotografías relevos en impresión 3D: Martes 16 e 23 de abril (20 prazas).

- Cargador para móbil reciclado, no que aprenderán a fabricar un cargador con pezas recicladas, impresión 3D e corte láser que poderá ser utilizado con enerxía solar ou eólica, Os martes, desde o 30 de abril ao 4 de xuño (20 prazas).

- Fabricación de próteses e férulas: aprender a escanear, deseñar e fabricar en minutos unha férula personalizada con impresión 3D, os venres, desde o 1 de marzo ao 26 de abril (30 prazas).

- Fabricación de veleiro radio control, con corte láser, impresión, robótica e Arduino. Os venres do 30 de maio ao 7 de xuño (30 prazas).

- Coñece o teu FabLab, os venres, desde marzo. Neste caso, a actividade será desde as 19.30 ás 21.30 horas, no que os deseñadores recibirán apoio para desenvolver os seus proxectos no FabLab do centro municipal (30 prazas).

 

Toda a información en Actividades La Molinera

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.