Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Agrupación de Concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense), como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo, organizaron  durante todo o mes de setembro o programa OURENSE COOPERATIVA, un proxecto enfocado a impulsar a economía social no ámbito territorial destes municipios co gallo de conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e ficar emprego de calidade.

Ourense Cooperativa está conformado por un conxunto de actividades que permiten aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

Este programa estrutúrase a través de 3 bloques de actividades enfocados a axudar as persoas e emprendedores independentemente na fase de proxecto na que se atopen:

Crea e Innova

Onde están proxectados distintos obradoiros e cursos, presenciais ou en liña, vinculados coa identificación de oportunidades de negocio nos sectores máis dinámicos e con maior potencial da zona xeográfica da Agrupación de Ourense (termalismo, turismo, TIC e Cultura) e coa creación de empresas de economía social.

Xestiona

Este bloque de actividades permitirán aos asistentes a aprender a xestionar un proxecto empresarial desde a idea ao negocio.

Crece

Impúlsase un obradoiro de internacionalización focalizado a amosar as oportunidades existentes de internacionalzación e as características dos procesos que poidan permitir levar a cabo a apertura dun proxecto aos mercados exteriores.

 

A Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social

O Concello de Ourense, xunto cos municipios de Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín, conforman a Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social de Ourense integrada na Rede Eusumo.

A través desta oficina levaranse a cabo actividades vinculadas co fomento do cooperativismo e a economía social:

  • Actividades de formación, dinamización e divulgación dirixido a emprendedores, desempregados e público en xeral, así como prescriptores e
  • axentes intermedios.
  • Asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos e de economía social.
  • Apoio a comercialización e internacionalización das empresas de economía social.
  • Actividades ligadas ás oportunidades de negocio nos sectores predominante no ámbito territorial que abrangue a agrupación de concellos de Ourense (TIC, Cultura, Termalismo e Turismo)

 

Para máis información: ourensecooperativa.gal

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.