Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou esta mañá unha ampliación das axudas a autónomos e pequeno comercio, así como para reforzar as axudas sociais para as persoas e colectivos máis vulnerables, até os 20 millóns de euros, logo dos 10 anunciados o pasado 20 de marzo. O rexedor ten claro que “nestes momentos o que temos que facer é axudar as persoas e colectivos que se están vendo afectados de xeito especial pola situación de alarma debido ao COVID19”, dixo.

Esta decisión, comunicada previamente aos integrantes do grupo de goberno, estase analizando cos técnicos municipais co obxectivo de “minimizar ao máximo a tramitación burocrática, pois do que se trata é de que chege o antes posible”. Pérez Jácome lembrou tamén que “fomos o concello de España que puxo enriba da mesa a maior resposta orzamentaria, dentro das nosas posiblidades, para tentar paliar unha situación que se agrava coa ampliación do estado de alerta decretado polo Goberno”. Toda vez que os técnicos municipais concreten o proceso, pechando o exercicio económico de 2019, fixarase a contía económica a través de axudas liñais.

O alcalde trasaladoulles aos representantes dos colectivos afectados, en diversos encontros, a receptividade do Concello por adoptar estas medidas, máis alá doutros planeamentos coma os de de modificar o calendario tirbutario, co aprazamento do pago de impostos -IBI e Imposto de vehículos-, ademais de deixar sen efecto o cobro de taxas -veladores-, debido ao peche dos establecementos de hostalaría.

“O mellor trámite burocrático é o que non se fai”, insiste Jácome, que considera que nestes momentos “non podemos poñernos a examinar con lupa a situación dos máis de 9.000 autónomos que hai na cidade”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.