Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá no salón de plenos o acto de toma de posesión de David Olivieri Cechi como novo director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense. Olivieri será o responsable da posta en marcha do novo Centro de Intelixencia Artificial do Concello en La Molinera. Este é un proxecto, asegurou Olivieri, “moi importante para a cidade, que vai ser un estímulo económico tanto para manter o talento como para atraer talento novo”.

Olivieri avanzou que desde o centro municipal “pretendemos crear novos tipos de empresas, novas startups, e tamén ser unha ponte tecnolóxica do que se desenvolve na Universidade, tanto a nivel básico como de proxectos, fronte ao sector privado”. O centro ourensán buscará tamén captar fondos públicos das diferentes administracións e enlazar con empresas internacionais, “e traer algunhas aquí”, sinalou.
Os pasos máis inmediatos serán a contratación de persoal para que desenvolvan o seu traballo en La Molinera, “definir moi ben o proxecto e ter unha comunicación cos distintos actores na sociedade” para poñer en marcha o proxecto “canto antes”.

O nomeamento de Olivieri foi aprobado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense na súa sesión do pasado xoves, 6 de agosto. David Olivieri é licenciado e doutor en Física pola University of Massachusetts, ambos títulos homologados polo Ministerio de Educación, e máster en Fotónica e Tecnoloxía do Láser pola Universidade de Vigo. É profesor contratado doutor de Linguaxes e Sistemas Informáticos no Departamento de Informática da Universidade de Vigo.

Olivieri acredita una ampla experiencia e publicacións en distintos eidos da intelixencia artificial: computación, informática, recoñecemento de patróns de aprendizaxe automática, bioloxía computacional, etc. Ten experiencia en proxectos colectivos e multidisciplinares de I+D+I e acredita una extensa actividade investigadora e publicacións científicas no ámbito da Innovación tecnolóxica e a intelixencia artificial, sendo director de teses de doutoramento sobre Intelixencia Artificial.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.