Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá as bases reguladoras e a convocatoria de axudas dirixidas ás persoas autónomas para impulsar a actividade económica en Ourense e paliar os efectos da COVID-19. O Concello dota a convocatoria cun orzamento total de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa beneficiaria.

Na mesma sesión aprobáronse un total de 34 asuntos, entre eles a adxudicación do servizo de axuda no fogar, o expediente para adquirir 14 novos vehículos para a Policía Local de Ourense, os convenios con entidades que desenvolven o seu labor na prevención de drogodependencias, entre outros asuntos [Licenzas (11), Aperturas (2), Disciplina (1), Xestion urbanistica (1), Servizo de contratación (12), Infraestruturas (1), Sanidade (3)].

Centro de Iniciativas Empresariais (1)

Aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o impulso da actividade económica no municipio de Ourense para paliar os efectos do COVID-19: Liña de axudas para persoas autónomas. A convocatoria ten unha dotación económica de 20 millóns de euros e prevé axudas de 2.000 euros por persoa autónoma, que se farán efectivas nun único pagamento.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas traballadoras autónomas que exerzan a súa actividade económica no municipio de Ourense e se visen afectadas pola crise derivada da pandemia do COVID 19.

As bases reguladoras serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e estarán á disposición das persoas interesados na páxina web do Concello de Ourense e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

As persoas interesadas poderán solicitar as axudas desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Disporán dun prazo de 20 días e poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

A presentación poderá realizarse de modo presencial ou telemático, neste último caso a través da sede electrónica do Concello de Ourense.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.