Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense porán en marcha un servizo de asesoramento en diferentes ámbitos -laboral, fiscal, administrativo e financeiro- dirixido á cidadanía, ás persoas autónomas e ás pequenas e medianas empresas de Ourense afectadas pola crise orixinada pola COVID-19.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a presidenta do colexio María del Carmen Sampayo David, asinaron o acordo para poñer en marcha este servizo, de carácter conxuntural, que se pon en marcha de xeito excepcional ante a crise económica xerada pola pandemia da COVID-19. É unha fórmula para axudar de xeito gratuíto as pequenas e medianas empresas, e os cidadáns en xeral, para a realización das xestións que precisen ante a dita crise.

O Concello de Ourense colabora co Colexio de Economistas de Ourense cunha dotación orzamentaria de 18.029 euros. A motivación do convenio é “prestarlle servizo á sociedade”, sinalou a presidenta do colexio, María del Carmen Salgado, quen engadiu: “creo que todos os profesionais teñen a obriga de devolver coñecemento á sociedade que os formou, e a través deste convenio, tentaremos paliar un pouco as desigualdades que poda haber en determinados colectivos, solucionando as súas dúbidas, facendo incluso algún informe complementario en materia laboral, fiscal, tributaria, financeira, en todo o que poda formar parte da nosa actividade profesional”. O acordo, subliñou, “ten un retorno que quedará na cidade”, dado que os economistas que participarán son colexiados de Ourense, autónomos que desenvolven a súa actividade por conta propia.

O servizo está dirixido a persoas empadroadas e empresas con actividade económica en Ourense, que deberán solicitar o servizo contactando co Colexio de Economistas de Ourense a través de correo electrónico ou teléfono.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.