Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense reforzará este ano os 5 centros cívicos da cidade e o Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) con 831 horas de servizo á conciliación familiar e laboral, reforzando as mañás 2 horas e ampliando a setembro o servizo. A Concellería de Igualdade pasará, pois, das 3.747 horas anuais que presta actualmente, ás 4.578 horas.

A medida, xorde a raíz do recentemente finalizado o III Plan de Equidade 2017-2020 que marca como unha das medidas para reforzar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a de ampliar as horas de servizos á conciliación. Igualmente, o Plan de Infancia e de Adolescencia, a piques de pecharse, tamén recolle esta mesma necesidade, que diversos colectivos ligados ao ámbito social e educativo sinalaron como “crítico”.

Neste rango de ampliación horaria, a Concellería de Igualdade desenvolverá nos centros cívicos, por primeira vez, o programa Coeduca, no que se traballa a tolerancia e o respecto na convivencia entre sexos, así coma a corresponsabilidade en todas as tarefas como base para lograr a igualdade real entre homes e mulleres. Achégase así aos diferentes barrios da cidade a educación na prevención da violencia de xénero, o machismo e a discriminación. Un camiño cara á igualdade, pero desde a infancia.

Está tamén xa en proceso de contratación o novo servizo de atención á infancia no barrio das Lagoas, que ata a data era unicamente para familias monoparentais, e agora pasará a ser para todas as familias. As familias con especial situación de vulnerabilidad e serán o colectivo de maior prioridade, ofrecendo o servizo de coidado de menores en domicilio, traslados e ludoteca cun amplo horario tendo en conta as necesidades reais de conciliación actual.

O acceso da muller ao mercado laboral leva a posta en marcha de medidas orientadas a facilitar o coidado e atención dos fillos no horario de traballo. Actualmente, as ludotecas dos centros cívicos están abertas de luns a venres polas tardes e sábados pola mañá e períodos non lectivos (verán, Nadal, semana santa), servizo último que tamén proporciona o CIMM.

Por tanto, os 6 centros (tanto os centro cívicos coma o Cimm) reforzarán o seu servizo coa seguinte ampliación horaria:

  • 3 días en Semana Santa: 9:00 a 11:00 horas. 6 horas
  • 26 a 30 de xuño: 9:00 a 11:00 horas. 10 horas
  • Meses de xullo e agosto: 9:00 a 10:00 horas. 42 horas
  • 1,4,5,6,7,8 setembro: 09:00 a 13:30 horas. 27 horas
  • 11 a 30 setembro: 17.30 a 20.00 horas. 37,5 horas
  • 26, 27, 28 e 29 de decembro: 9:00 a 11:00 horas. 8 horas
  • 2, 3, 4 e 5 de xaneiro: 9:00 a 11:00 horas. 8 horas
  • Total, 138,5 horas por cada centro.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.