Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A mutilación xenital feminina é unha atroz violación dos dereitos humanos das mulleres e das nenas, do que segundo a Organización Mundial da Saúde teñen sido vítimas máis de 200 millóns de mulleres e nenas vivas actualmente nos trinta países de África, Oriente Medio e Asia onde se concentra esta práctica. Na maioría dos casos practícanse na infancia, nalgún momento entre a lactancia e os 15 anos.

A MXF comprende todos os procedementos que, de forma intencional e por motivos non médicos, alteran ou lesionan os órganos xenitais femininos. Non aportan ningún beneficio á saúde das vítimas, e poden producir hemorraxias graves e problemas urinarios, e máis tarde causar quistes, infeccións, complicacións do parto e aumento do risco de morte dos bebés.

A exposición organízase con motivo da celebración, mañá, día 11 de outubro, do Día Internacional da Nena, unha xornada que pretende fomentar o recoñecemento dos dereitos das nenas e dar a coñecer á opinión pública os problemas excepcionais que afrontan en todo o mundo.

A ilustración gañadora foi ¡Es una niña!, de Laura Oliver Velasco, realizada con tinta chinesa, acuarela, lapis e retoque dixital. Reflicte unha nena que mira a un móbil de berce, de cor rosada, culturalmente imposto ao feminino, e do que penduran 5 coitelas. O móbil cérnese coma unha ameaza camuflada baixo a forma de rito de paso de nena a muller. O título “Es una niña” é a frase que se di cando chega unha nena á nosa sociedade, sendo motivo de ledicia. Neste caos, sinala o terrible que pode ser en tantos lugares non tan afastados de nós.

Charla e lectura do manifesto

Ás 18:30 horas inaugurase a exposición e farase unha lectura da declaración institucional dos gobernos locais reunidos na Federación Española de Municipios e Povincias (FEMP) para conmemorar o 11 de outubro, Día Internacional da Nena, e traballar pola defensa dos dereitos das nenas en España e no Mundo. Ás 19:00 horas haberá unha mesa redonda co título "Mutilación xenital feminina: violación dos dereitos humanos", e na que participarán Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, Paula Gómez-Angulo, presidenta da Sección Joven da confederación Nacional Mujeres en Igualdad, e Sofía Godoy, concelleira de Igualdade do Concello de Ourense.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.