Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Biblioteca Pública de Ourense acollerá, o vindeiro 10 de marzo, un 'Wikimaratón' para introducir na Galipedia, co gallo do seu 15 aniversario, biografías de mulleres galegas. A actividade, enmarcada no programa do Día da Muller, está aberta a toda a cidadanía e pretende pór en valor a figura de mulleres destacadas en diferentes ámbitos que non teñen a merecida referencia na enciclopedia galega en liña.

“A historia é a que se escribe, e hai moitas mulleres en perigo de caer no esquecemento sen ninguén que escriba sobre elas”, manifestou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación da actividade. “Parécenos un acto de xustiza social e un paso moi importante para o futuro deste país”, dixo. Hoxe en día, só hai referencias de 52 mulleres galegas na Galipedia, lembraba Sofía Godoy, concelleira de Igualdade, “e delas só 5 son de Ourense”. Ao wikimaratón tamén se apunta a Concellería de Educación porque, en palabras da súa titular, Belén Iglesias, “o labor preventivo da escola ten moito que dicir no traballo pola igualdade”.

A Biblioteca Pública porá ao servizo de todas as persoas que queiran anotarse ao wikimaratón equipos informáticos e fondos bibliográficos, pero sobre todo a súa “vocación de colaborar coas iniciativas veciñais”, aseguraba Rosa Díaz Naya, directora do espazo público.

Desde as 10.30 horas, todas as persoas que se queiran apuntar á edición da Galipedia poderán presentarse na propia Biblioteca (rúa Concello 11) “ou facelo a través das súas casas”, apuntaba Adrián Estévez, representante da enciclopedia, para encher a biografía das mulleres propostas (atopamos nomes como Obdulia Díaz, as irmás Touza, Olimpia Valencia ou Carmen Gurriarán) ou realizar as súas propias achegas. Só hai que anotarse na Galipedia para poder editar -actualmente, nove de cada dez editores son homes, polo que Estévez Iglesias animaba a equilibrar as cifras- e seguir as indicacións descritas no propio espazo web.

15 anos de recompilación enciclopédica en galego

A Galipedia nacía un 8 de marzo de 2003 coa primeira versión da portada, o xermolo do que agora é: unha enciclopedia libre, aberta, e colaborativa en lingua galega, con case 146.000 artigos e un número de editores activos que ronda os 300. É dicir, unha media de produción de máis de 20 artigos diarios que fan posible ir elaborando unha ferramenta para o coñecemento en campos e disciplinas do máis diverso.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.