Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense convoca as subvencións coas que dará apoio a proxectos de actividades a desenvolver en Ourense que teñan como finalidade promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria, polo que se abre un prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes.

As axudas están dirixidas a asociacións e colectivos integrantes do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes, e outros colectivos destacados no ámbito da promoción da igualdade de xénero, sempre e cando sexan asociacións sen finalidade de lucro, públicas ou privadas con sede social no termo municipal de Ourense, que realicen actividades de interese municipal en materia de xénero e igualdade, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras teñan obxectivos e finalidades acordes coa equidade de xénero.

É obxecto da convocatoria o financiamento dos proxectos de actividades a desenvolver dentro dos límites do termo municipal que persigan algún dos obxectivos ou medidas recollidas no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello, e aqueloutros que teñan como finalidade principal potenciar e difundir as actividades de promoción da igualdade, a loita contra a violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes, a coeducación, a corresponsabilidade e calquera outra que evite a perpetuación dos roles tradicionais e os estereotipos sexistas.

As bases reguladoras publicadas no BOP de Ourense (do 26 de outubro de 2017), están a disposición das persoas interesadas na páxina web do concello (www.ourense.gal) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

A contía global é de 10.000,00 €. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde mañá, venres, 15 de xuño.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.