Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ourense, 19 de novembro de 2018.-

O Concello de Ourense quere reivindicar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación das Violencias de Xénero, con actividades repartidas por toda a cidade para darlle visibilidade a esta lacra e, sobre todo, ás súas vítimas. A Concellería de Igualdade preparou un programa dirixido a toda a sociedade, pero no que participará activamente a mocidade, entre as que destaca a de pórlle o nome 25 de novembro ao parque de Reza. Paralelamente, o Concello de Ourense iniciará un expediente de honra á “pobre Asunción”, primeira vítima de violencia de xénero rexistrada na cidade, co fin de artellar unha acción fixa de lembranza daquel crime na Praza Maior.

As actividades comezarán mañá mesmo, martes 20 de novembro, co proxecto Retos de Igualdade e Diversidade, desenvolvido por APES e no que participa alumnado dos colexios Cardenal Cisneros, CPR Luís Vives, IES Blanco Amor, CIFP A Farixa, CIFP O Portovello e IES Otero Pedrayo. O primeiro dos retos será ás 8:30 e 10:30 horas no barrio da Ponte, pero seguiranlle outras na Praza Maior e nas Lagoas, até o 5 de decembro.

O mércores 21 de novembro comezará outro proxecto de carácter pedagóxico, X(É)NERO VERSOS, desenvolvido co alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural do CIFP O Portovello, que pretende utilizar a música -concretamente o hip-hop- como ferramenta socio educativa para intervir coa mocidade e fomentar valores positivos contra a violencia de xénero.

Para o venres 23 quedará a inauguración do parque de Reza, que desde entón pasará a chamarse Parque do 25 de novembro en lembranza de Asunción González Vázquez e de todas as mulleres vítimas das violencias de xénero. Ademáis, terán lugar nese espazo lecturas por parte de colectivos de mulleres, a exposición dun traballo realizado por vítimas de violencia de xénero usuarias do programa Nexos do CIMM, así como unha actuación musical da cantante e actriz ourensá Aida Blanco.

Concerto 'Herdeiras'. Nestes actos reivindicativos do 25N haberá, tamén, espazo para a música co concerto Herdeiras, que contará coa participación de Carmen Penim (voz), Maurizio Polsinelli (piano), Margarida Mariño (violoncello) e Xiana Vilas (danza). Será o mércores 28 de novembro ás 20:30 horas no Liceo de Ourense, entrada de balde.

Finalmente, levarase a cabo a actividade artístico - pedagóxica Cartas de amor. 15 artistas contra a violencia de xénero, para previr a violencia de xénero na mocidade. Está co-organizada coa Secretaría Xeral de Igualdade (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza – Xunta de Galicia), e poderase visitar desde o 11 de decembro ao 10 de xaneiro no Espazo Lusquiños da Mocidade de luns a venres en horario de 17:00 a 22:00 horas, e os sábados de 10:30 a 14:00 horas.

 

 

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.