Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Teatro documental, con Iria Piñeiro, música con Guadi Galego, exposicións de fotografía, contacontos, obradoiros e unha conferencia de Iria Vázquez Silva son algunhas das propostas da programación de actividades organizadas polo Concello para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional contra as violencias de xénero 2019.

A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz presentou a programación, que inclúe propostas tanto para as persoas adultas como a mocidade ou a infancia. Márcase como obxectivo poñer de manifesto os diferentes ámbitos nos que se manifesta a violencia de xénero, que non é só o da parella senón tamén moitos outros, como o institucional. Nos actos programados terá lugar a presentación, o día 25, dunha diagnose sobre o hábitat e a convivencia igualitaria na cidade de Ourense por parte de Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero. O lema da programación é Vivas e Ceibes! e a imaxe da campaña é unha creatividade de Patricia Joga.

20 DE NOVEMBRO

As actividades comezarán o xoves, 20, con teatro: Anatomía dunha serea da compañía Chévere e protagonizada por Iria Pinheiro. Unha peza de teatro documental e autobiográfico construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Será ás 20.00 h no Teatro Principal. A entrada é de balde e as invitacións poderanse recoller unha hora antes no despacho de billetes)

Ese mesmo día, Nós contra a violencia, (actividade coorganizada coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia ao abeiro do pacto de Estado contra a violencia de xénero en colaboración co Servizo de Normalización Língüística do Concello de Ourense), con 3 accións para diferentes públicos:

  • A igualdade conta (contos do dereito e do revés): sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás, dirixida a crianzas de 4 a 9 anos, coa contadora: Raquel Queizás, de 19.00 a 20.00 na Concellaría de Igualdade, na rúa do Ensino, 24. As prazas son limitadas e as inscricións se deben realizar na Concellaría de Igualdade. Haberá servizo de canguraxe previa solicitude.
  • Voces violetas. Obradoiro dirixido a membros das ANPA destinado a fomentar a educación en igualdade, coa relatora: Eva Mejuto, de 9.00 a 21.00 h na mesma concellaría, onde hai que inscribirse.
  • Danza contemporánea para a igualdade. Obradoiro que emprega a música, a palabra e a expresión corporal para propoñer formas de relación afastadas de prexuízos sexistas. Participa alumnado de 1º de BAC do IES O Couto. Será neste instituto a cargo da monitora: Eli Ríos, con 2 sesións, ás 8.30 e 11.30 h

25 DE NOVEMBRO

  • Acto Institucional, ás 12.00 h no salón de plenos do Concello

28 DE NOVEMBRO

Concerto de Guadi Galego, que presentará o seu novo traballo discográfico Immersión, ás 20.00 h no Teatro Principal. Entrada de balde (recollida de invitacións unha hora antes no despacho de billetes) 

2 DE DECEMBRO

Conferencia: Cómplices. Violencia machista institucional, a cargo de Iria Vázquez Silva, socióloga experta en xénero, ás 20.15 h no Centro Cívico Colón

4 DE DECEMBRO

Presentación do libro “Diagnose do hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense”, a cargo de Silvia Pérez Freire, socióloga experta en xénero, ás 20.00 h no centro cívico da rúa Colón

DE NOVEMBRO ATÉ O 10 DE DECEMBRO

Mostras fotográficas: actividade coorganizada coa asociación Anacos da Cidade en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias e Comercio Vivo desde o Consello Municipal da Igualdade

  • Superviventes, nas tendas da rúa Colón, do 22 de novembro ao 10 de decembro
  • Mulleres vistas por mulleres, nas tendas do colectivo Comercio Vivo e de Mulleres Empresarias das rúas da Paz, Santo Domingo e Manuel Pereira entre outras, desde o día 25 novembro ao 10 de decembro.

DOCUMENTOS

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.