Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A comisión técnica para abrir un proceso de participación que axude a pacificar o tráfico e a mobilidade na cidade, integrada por representantes de todos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense, técnicos de Infraestruturas e de Medio Ambiente, e a consultora ourensá de arquitectura e de urbanismo Urba+, vén de dar un novo paso no camiño de humanizar o mapa da cidade.

Móvete por Ourense, nome inicial deste proceso, buscará imaxe e nome para presentarse en sociedade, pero tamén fixou as datas para comunicar entre a veciñanza o seu proxecto.

Mentres se traballa na redacción definitiva das bases para o concurso da imaxe (logotipo e nome do proceso Móvete por Ourense), a comisión técnica anuncia as datas das charlas explicativas, inicialmente a través dos centros cívicos da cidade: o vindeiro 11 de maio no CC. da Ponte, o 18 no CC. de Mariñamansa e o 24 no CC. de Colón. “O que se busca”, en palabras do concelleiroJosé Araújo, “é a máxima participación e implicación dos axentes sociais”. Apuntouse, durante a reunión, a colectivos estratéxicos no futuro deseño do modelo de cidade coma o do comercio e de colectivos con presenza ou competencias no tráfico.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.