Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense inicia un Proceso de Participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense. Será un proceso continuo de: información-formación, análise e participación por medio de consultas e debates sobre os contidos, aberto nas diferentes fases de elaboración dos traballos; e cunhas conclusións e opinións finais sobre os devanditos contidos.

 

A primeira fase iniciarase cun ciclo de tres conferencias de información, abertas a todo o público, e impartidas polo equipo redactor Urba+ consultora de urbanismo e arquitectura, co mesmo contido e unha duración de 90 minutos cada unha. O seu obxectivo é que a cidadanía de Ourense teña a maior información posible sobre o proceso a realizar. Así mesmo, explicaráselles as posibilidades de participación cidadá dentro do proceso.

Celebraranse nas datas e locais indicados de seguido:

  • 11 de maio ás 20:00 h, no centro cívico de A Ponte.
  • 18 de maio ás 20:00 h, no centro cívico de Mariñamansa
  • 24 de maio ás 20:00 h, no centro cívico de Colón

Convidámosvos á primeira charla informativa, o próximo día 11 de maio no Centro Cívico de A Ponte, onde falaremos de mobilidade, participación cidadá, mellora da calidade ambiental, pacificación do tráfico.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.