O Concello de Ourense continúa a desenvolver o Proceso de Participación Cidadá "Móvete por Ourense", para implicar á cidadanía na mellora da mobilidade, a pacificación do tráfico, a mellora da calidade ambiental e a integración da bici na nosa cidade.
Neste marco, organiza unha nova Xornada Informativa que terá lugar o mércores día 7 de xuño ás 20:00 horas no Centro Cultural Ángel Valente. O seu obxectivo é que a cidadanía de Ourense teña a maior información posible sobre o proceso de participación cidadá a realizar. Así mesmo, explicaráselles as posibilidades de participación dentro do proceso. Con esta charla, o Concello dá continuidade ao ciclo de presentacións do proxecto xa realizadas durante o mes de maio nos centros cívicos da Ponte, A Cuña e Colón.