Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A comisión técnica do proceso participativo 'Móvete por Ourense', integrada por representantes dos partidos políticos con representación municipal -a excepción de DO-, técnicos municipais e a consultora de Urbanismo Urba+, celebrou esta mañá a súa última reunión para incluír as achegas ao Plan Integral de Accións -que se engaden ao plan de 21 accións decididas na última xuntanza- e a cronoloxía das mesmas. O proceso, que contou coa implicación de máis de 10.000 persoas, supera unha nova etapa e camiña cara a aprobación dun pacto municipal pola mobilidade.

O concelleiro José Araújo, que presidía a reunión da comisión técnica, manifestaba ao remate que se trata dun “proxecto ambicioso que contén medidas a curto, medio e longo prazo”. Entre as máis inmediatas, “reunirse coas Anpas dos colexios da nosa cidade para informar de que co novo curso escolar, e co obxectivo de evitar colapsos nas horas de entrada e de saída, intensificará a aplicación da ordenanza de tráfico e todos aqueles vehículos mal estacionados serán sancionados”, dixo.

Entre as accións a medio prazo, apoiáronse campañas de sensibilización para concienciar a cidadanía de que a pacificación do tráfico para darlle prioridade ao peón é un proceso colectivo, pero tamén a implantación do modelo de Cidade 30 -conseguir que tráfico rodado non supere esa velocidade media no núcleo urbano-.

A comisión técnica finaliza así o seu labor dentro do proceso, logo de recompilar todas as propostas previas dos grupos motores. Agora será a quenda da Comisión de Seguimento, integrada polos representantes políticos municipais, a que vele polo cumprimento das accións previstas e polo avance efectivo cara ao pacto municipal pola mobilidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.