Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense construirá un aparcadoiro disuasorio de 600 prazas na rotonda das Lagoas, moi preto do centro da cidade. Un proxecto “moi necesario” sinala o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, xa que permite “dar resposta ás necesidades que existen nesa zona. Trátase dunha actuación que forma parte do plan de investimentos por importe de 50 millóns de euros anunciado polo grupo de goberno municipal, que ten como obxectivo “reactivar a económica no Concello ante a situación provocada polo COVID-19”, comenta o rexedor.

O aparcadoiro disuasorio estaría situado na zona do campus universitario, xusto fronte ao edificio politécnico. Trátase da rotonda das Lagoas, emprazada dentro do polígono da Zona 4 do Solo Urbano número 25 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, no subsolo da praza interior da urbanización que se está levando a cabo, cunha superficie aproximada de 7.000 metros cadrados, na zona da avenida de Otero Pedrayo e rúa de Castelao, contigua á residencia universitaria e á igrexa da Asunción.

Para o alcalde, o obxectivo do aparcadoiro disuasorio “é desconxestionar o tráfico rodado do centro da cidade, xa que se habilita a opción de aparcar os vehículos a unha distancia atractiva”. E engade que “o aparcadoiro será de baixo custo, para conseguir ese efecto disuasorio, e de titularidade municipal”.

O custo da construción do aparcadoiro roldaría os 4 millóns de euros e unha parte sería asumida polos convenios coa urbanización que se está promovendo no mesmo punto. Por outra banda, e segundo se contempla no proxecto, en superficie do aparcadoiro construirase unha praza-parque de 7.000 metros cadrados.

Outra das cuestións técnicas fai referencia a que o aparcadoiro tería tres niveis, todos soterrados, e para facilitar a súa accesibilidade e comodidade, debido ao seu tamaño, contará con outros tantos accesos de vehículos, incluíndo unha rampla de caracol.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.