Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Caride, recibiron esta mañá os representantes da Asociación de Concesionarios de Automóviles de Ourense (Acauto), co seu presidente Ramón Seijas á cabeza. O motivo, colaborar na celebración do I Salón Ecolóxico do Automóbil de Galicia, que terá lugar no recinto feiral de Expourense entre o venres 11 e o domingo 13 de setembro coincidindo coas actividades da Semana Europea da Mobilidade, cuxo lema para este ano é “Por unha mobilidade sen emisións”.

No Salón poderán verse vehículos de baixas emisións -os que emiten menos de 120 g/km de CO2-, e contará coa participación de 17 concesionarios asociados ofertando 22 marcas, as que agrupan o 97% dos vehículos que se comercializan. Será o primeiro en Galicia especializado en vehículos eléctricos, híbridos ou impulsados por gas licuado, e a intención é a de divulgar o cambio do modelo enerxético no sector da automoción, en palabras do presidente de Acauto, Ramón Seijas.

O Concello agradece a iniciativa de Acauto nun momento en que se pretenden implantar sistemas de transporte público de cero emisións, así como a promoción de medios inclusivos para todas as persoas, segundo o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, ao remate da reunión.

Ademais de apoiar un sector económico moi importante na cidade, sinalaba o rexedor Gonzalo Pérez Jácome -a automoción xera o 10% do emprego en España-, desde Ourense quérese contribuír con accións coma esta a apoiar o ambicioso obxectivo da neutralidade nas emisións de carbón para o ano 2050, unha iniciativa recollida no Pacto Verde Europeo.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.