Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Unha reunión "moi frutífera" e da que "saímos as dúas partes plenamente satisfeitas". É o resumo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, á saída da xuntanza que mantiveron esta mañá, e na que desbloquearon tres importantes acordos para a cidade: o saneamento de augas residuais en Velle, a senda peonil Untes - Outariz, e unha urxente actuación na Ponte Lebrona.

A mellora do saneamento de augas residuais en Velle é unha actuación de 2.974.261 euros -que se achegarán ao 50%- que consiste na renovación da rede de colectores e a execución dunha infraestrutura para incorporar as augas residuais á rede de saneamento xeral da cidade e o seu traslado á EDAR de Reza. O proxecto foi sometido á información pública e conta con informes ambientais e de patrimonio cultural favorables.

Coa presenza do concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, e da concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure, tamén se abordou o acondicionamento da senda fluvial entre Outariz e o regato do Val, en Untes. 5.700 metros na marxe dereita do río Miño que precisan de rozas de vexetación, obras de drenaxe e muros de contención, pavimento abondo para unha anchura de 2,20 metros, e acondicionamento -bancos, varandas, papeleiras...-. O importe das actuacións é de 500.000 euros -achegados, tamén, ao 50% entre as dúas institucións- que servirán tamén para as expropiacións necesarias.

O terceiro grande proxecto é a instalación dun baruto (tamiz) no aliviadoiro de Ponte Lebrona, no colector do río Barbaña. A urxencia desta obra vén dada polo carácter urbano da zona na que se atopa, e o orzamento de execución ascendería a 85.000 euros financiados integramente pola CHMS.

Río Barbaña. Pérez Jácome felicitouse ao escoitar de Quiroga Díaz a noticia de que o saneamento integral do río Barbaña é un proxecto de “interese xeral” para o Goberno de España, que ten previsto investir 29,7 millóns de euros para paliar os graves problemas de contaminación do río e da súa contorna. “O proxecto podería estar licitado nun ano”, confirmaba o alcalde, “e ver como comezan as obras en ano e medio”.

Ademais, o rexedor amosou a súa satisfacción ao saír da reunión logo de tratar asuntos coma o do parque acuático – termal ou a construción de senllas rotondas baixo a praza de Concepción Arenal e nas inmediacións do Pavillón dos Remedios, zonas afectadas pola proximidade da canle do río.

O presidente da CHMS, pola súa banda, cualificou o encontro de positivo pola “coordinación total e pola disposición das dúas administracións”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.