Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense rematou a execución das obras de acondicionamento do firme da rúa de Francisco de Moure, unha das principais vías do barrio do Couto, que se estende desde a Avenida de Portugal, á altura da Praza do Couto, até a rúa de Faustino Santalices.

A rúa xa está plenamente operativa desde a fin de semana logo de que o venres se realizasen os últimos traballo de pintado da vía. As obras realizadas polo Concello consistiron no fresado e na reposición da capa de firme, que se facía necesaria dado o estado de esgotamento que presentaba. As obras supuxeron un investimento de 48.392,80 euros por parte do Concello e forman parte das actuacións de mellora e acondicionamento de firme que o Concello desenvolve ao longo do ano naquelas rúas que o precisan.

Actualmente, o Concello realiza traballos de fresado e reposición de firme en tres rúas do barrio da Carballeira: Martínez Sueiro, Nicomedes Pastor Díaz -desde a intersección con Castelo Ramiro até o final da rúa-, e Castelo Ramiro -desde a intersección con Nicomedes Pastor Díaz até a praza da Lexión-, cun orzamento de 47.993,13 €.

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.